Noticias

O Concello do Grove chama á mobilización pola defensa da Sanidade Pública e a reclamación de servizos no municipio

Todos os grupos da corporación municipal apoian a manifestación que se celebrará o vindeiro domingo, 24 de marzo ás 12.00 horas.


22 marzo 2019
O Grove
Concello de O Grove

A totalidade dos representantes da Corporación Municipal do Concello do Grove apoian a convocatoria dunha manifestación para reclamar melloras na atención sanitaria do Grove. A precaria situación do Centro de Saúde local tanto por infraestruturas como por falta de persoal fixo preciso que se teña convocado esta protesta na que se agarda que participen un elevado número de veciñas e veciños do Grove.

A manifestación sairá ás 12.00 horas da mañá do Centro de Saúde baixando polo Monte da Vila cara a Rúa Castelao para continuar pola Rúa da Praza ata a Praza do Corgo, onde os participantes se concentrarán diante do Concello para a lectura dun manifesto consensuado por todas as forzas nas que se incide na defensa da Sanidade Pública e se reclaman servizos sanitarios adecuados para as necesidades do Grove.