Noticias

O Concello do Grove convoca as subvencións a clubs e eventos deportivos do ano 2020


18 novembro 2020
O Grove

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou antonte luns as bases das habituais axudas para clubs e eventos deportivos do Concello do Grove. Trátase das subvencións para que os clubs locais manteñan a súa actividade e se garanta a canteira deportiva do Grove, ademais das específicas para a organización de eventos deportivos. En concreto, cóntase cun orzamento de 75.000 euros para os clubs e 5.000 para eventos. As solicitudes deben axustarse ás bases, que se poden consultar no referido BOP ou na páxina web do Concello, e o prazo para a súa presentación remata o 30 de novembro.