Noticias

O Concello do Grove iniciou esta semana o programa cultural para os meses de verán

As dúas primeiras actividades realizadas acadaron un considerable éxito de público


05 xullo 2019
O Grove
Actividades no verán no Grove

O Concello do Grove ven de poñer en marcha a programación cultural para os meses de verán que contou cunha extraordinaria resposta por parte da poboación

O mércores tivo lugar a proxección da película de animación "Ralph rompe Internet" que congregou a un bo número de familias, cerca de 100 persoas puideron desfrutar da película e da proxección de curtas

O xoves "A Banda do Sequío" inaugurou o ciclo Xoves Musicais abarrotando a Praza do Corgo desde o primeiro minuto. O concerto, que dou comezo ás 21.30 h, estendeuse durante  máis de dúas horas entretendo e facendo cantar e bailar ao público asistente.

As actividades continuarán a vindeira semana con novas propostas, o martes terá lugar a primeira sesión de "Contos a pé de Rúa"  coa obra "Amoriños contei" de Tarabelos e dirixida a público familiar. Nesta obra utilízanse diferentes técnicas para chegar e entreter ao público: contacontos, títeres de boca, mesa, luva e barilla, esceneografía e  ilustración.

O mércores unha nova proxección de cine na Rúa do Hospital. A película "Campeones",  inspirada na historia do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por personas con discapacidade intelectual, que gañou doce campeonatos de España entre 1999 e 2014

Xa o día 11 o ciclo xoves musicais traeranos  un novo concerto dos "Beyers Boys" que entreteran ao público asistente cos seus temas.