Noticias

O Concello do Grove organiza un reparto de máscaras específico para a mocidade da localidade

A medida non só facilita un material fundamental, se non que pretende concienciar ao colectivo xuvenil para que tome conciencia da súa importancia


21 maio 2020
O Grove
Concello do Grove

Dentro das medidas adoitadas polo Concello do Grove para a prevención do COVID-19, este luns, 25 de maio terá lugar un reparto de máscaras protectoras destinadas a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos residentes no municipio. Este colectivo require de medidas específicas de concienciación polo que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) considera interesante realizar este reparto onde, ademáis de facilitarlle este material de seguridade, se fará fincapé no importante que é que tomen conciencia sobre o seu uso en todos os espazos públicos, tanto ao aire libre como pechados, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal (máis aló da súa obrigatoriedade).

O reparto realizarase o vindeiro luns 25 de maio entre 12.00 e 13.00 horas na Casa do Concello, mantendo todas as medidas de seguridade e hixene polo que se solicita, tamén que as persoas acudan teñan os coidados específicos, asistindo soas e mantendo en todo momento as distancias de seguridade.

Información xuvenil dispoñible

Dende o Concello aprovéitase para informar de que a Oficina de Información Xuvenil segue en funcionamento e dispoñible para atender calquera consulta ou necesidade relacionada coa mocidade, contando co teléfono 886 214 933 e co correo omix@concellodogrove.es