Noticias

O Concello do Grove participa o sábado nun acto para a inauguración da rúa Jaime Amézaga

A rúa foi designada no Pleno da corporación de marzo de 2019.


06 agosto 2020
A Guarda

O Pleno da corporación municipal do Grove, como resposta a unha iniciativa popular, aprobou o pasado mes de marzo de 2019 o inicio dos trámites para mudar o nome dun tramo da Estrada do Conde polo de rúa Jaime Amézaga. O tramo comprendido entre o alto de Boibas, ou cambio de rasante de Boibas, ata o barrio de Virxe das Mareas recibe este nome en homenaxe ao que fora director en Galicia da empresa conserveira Garavilla, unha das máis importantes da localidade durante décadas, e precisamente a rúa atópase no camiño que se dirixe a estas instalacións.

Logo da realización dos trámites correspondentes, o próximo sábado ás 12.00 horas terá lugar un acto de inaguración desta nova denominación da rúa, no que estarán presentes o alcalde e a corporación municipal, así como representantes da familia, da empresa e das traballadoras e traballadores da fábrica.