Noticias

O Concello do Grove poñerá en marcha a adecuación de novos sendeiros en zonas rurais

Estes sendeiros permitirán mellorar o acceso a diversas zonas do rural, ademais de seren novas zonas de paseo


30 xullo 2020
O Grove
Concello do Grove

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana un proxecto de acondicionamento de sendeiros en distintas zonas do rural. Deste xeito os sendeiros serán mellorados cunha adecuada preparación e coa colocación de xabre para garantir a súa viabilidade e unha maior durabilidade no tempo, xa que se trata de zonas que se ven moi prexudicadas durante o inverno. A intervención realizarase na zona de Estonllo, en Punta Moreiras, no Monte Central, na Lanzada e na zona das Pipas e tentarán poñerse en marcha o antes posible, pero sempre de xeito compatible co uso que se fai destes camiños durante o verán. A actuación xa foi contratada e conta con todos os permisos para a súa realización.