Noticias

O Concello do Grove retoma este luns as clases de pádel

O Concello ten avanzado, ademais, un protocolo pormenorizado para o reinicio do resto de prácticas deportivas nas instalacións municipais.


08 agosto 2020
O Grove

O Concello do Grove informa de que o próximo luns se reiniciarán as clases de pádel para a rapazada. Malia que o reinicio desta actividade estaba previsto para a semana pasada, o comezo das clases foi adiado para procurar máis garantías de seguridade no seu desenvolvemento. A día de hoxe, lémbrase que a posta en marcha destas clases o vindeiro luns se fará cos máximos controis de hixiene e seguridade, esixindo que quen asista use máscara e limitando a presenza de persoas dentro da instalación ao número mínimo indispensable. Aplicaranse medidas de desinfección entre clase e clase e tamén se porán en marcha medidas de seguimento das persoas asistentes.