Noticias

O Concello do Grove traballa nas propostas do Plan Concellos

O Plan 2020, adiado por mor do estado de alarma, establece como novo prazo para a presentación de proxectos o 6 de xullo


16 xuño 2020
O Grove
Concello do Grove

O Concello do Grove presentará nos próximos días as propostas que está elaborando para o Plan Concellos 2020. Lembramos que esta axudas achegadas pola Deputación de Pontevedra aos municipios son outorgadas en tres liñas: 1. Investimentos; 2. Amortización de débeda e gasto corrente e 3. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais. A contía das axudas é establecida de forma obxectiva en función da poboación e as dimensións do municipio. Deste xeito, o Concello do Grove dispón de 589.052,76 euros para a Liña 1 de investimentos; 27.462,10 euros para  Liña 2 e para a Liña 3 e 179.090,85 euros.

O Concello puxo en marcha a organización deste plan antes da pandemia, pero agora é preciso contar coa documentación requirida para formalizar as solicitudes. Lembramos que, segundo o establecido nos anos anteriores, os fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra están permitindo facerlle fronte á adquisición dos terreos do aparcadoiro de Entrehortas, nunha das primeiras accións de compra de patrimonio que se realiza no municipio dende hai décadas, ao tempo que, na liña de actividade, permite o desenvolvemento dos premios Lueiro Rey e Ernesto Goday.