Noticias

Pasa o ecuador da Festa do Marisco manténdose o volume de racións de anos anteriores


09 outubro 2019
O Grove
Festa do Marisco

No día de onte o consumo de polbo con 454 racións e o arroz de marisco con 430 foron os produtos máis demandados. Sígueos de cerca os mexillóns (416), ás volandeiras e zamburiñas (378), ás empanadas (331), as ameixas (256). Sorprende o incremento no consumo de percebes, nécora e camarón con respecto a outros anos. Xa se esgotou o cangrexo real e estanse a facer un oco importante os fideos mariñeiros.

Ditame premio nacional Lola Torres.

Ás 12:30 h tivo lugar a lectura do ditame do premio nacional de gastronomía tradicional Lola Torres, resultando agraciado o restaurante Casa Botín. Situado na cidade de Madrid, conta na súa historia con seu o restaurante más antigo do mundo segundo o Libro Guinnes de los Récords. É un dos referentes de cociña tradicional na capital.

Concertos na Festa do Marisco

Esta noite actuarán Os Firrás, agrupación local con anos de experiencia e moitas ganas de agradar ao público.