Noticias

O Concello do Grove presenta o protocolo de uso das instalacións deportivas municipais

O obxectivo é permitir a práctica deportiva de equipos e clubs, pero garantindo a maior seguridade para os usuarios e as usuarias.


11 agosto 2020
O Grove

O Concello do Grove ten elaborado un pormenorizado protocolo de actuación que permite determinar a forma de actuación para poder facer uso das instalacións deportivas municipais en condicións de seguridade. O referido protocolo será de aplicación nas instalacións municipais cubertas: pavillón municipal do Monte da Vila e o Novo Monta da Vila, o de Conmeniño, o Pavillón Náutico Tono Campos, o campo de fútbol do Monte da Vila e o das Lampás e as pistas de pádel municipais.

No documento contémplanse instrucións relativas ao comportamento das persoas usuarias destas instalacións, así como os procedementos que deberán seguir os clubs e as entidades deportivas para usalas axeitadamente, incluíndo os correspondentes formularios de responsabilidade para que, no caso dos adestramentos colectivos, se conte cunha conciencia clara do extremo coidado que se debe ter.

O protocolo poñerase en funcionamento ao longo desta semana para permitir que tanto clubs como entidades deportivas poida ir, pouco a pouco, recuperando a súa actividade a pesar das limitacións existentes. En todo momento será prioritaria a seguridade dos usuarios e usuarias.

PROTOCOLO BÁSICO DE ACTUACIÓN USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DO GROVE (pdf)