Noticias

Visita da directora xeral de xuventude, participación e voluntariado ao campo de voluntariado


09 setembro 2019
O Grove
Visita ao campo de voluntariado

Hoxe, luns 9 de agosto, a directora xeral de xuventude, participación e voluntariado, xunto coa Concelleira de Medio ambiente, María Angeles Domínguez,  visitaron o  traballo que se está realizando no  Grove  a través do Campo de Voluntariado concedido por este departamento da Xunta de Galicia ao Concello do Grove.

Esta actividade, de ámbito internacional terá lugar entre o 1 e o 12 de setembro e a súa modalidade é medioambiental e patrimonial que consiste na recuperación de varios miradoiros de aves e na extracción de plantas invasoras en diferentes praias do pobo. A actividade está xestionada polo Camping Os Fieitás.

Neste campo, igual que no resto de campos, participan mozos e mozas de 18-30 anos  que neste caso son 14 que  proceden de diferentes zonas: de Galicia, doutras comunidades autónomas, de México, de Italia e de Alemania.