Noticias

O pazo de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia, acollerá a entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz o vindeiro 12 de xuño

Os galardóns, impulsados pola Deputación, recibiranos seis estudantes da Universidade de Vigo por incluír a perspectiva de xéneros nos seus traballos de fin de grao e máster


31 maio 2019
Rueda de prensa Carmela Silva

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a data de entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz, os galardóns promovidos pola institución que recoñecen a inclusión de perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de fin de máster da Universidade de Vigo. Así, o acto celebrarase o vindeiro 12 de xuño nos xardíns do pazo de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia. "Un ano máis non só apostamos pola igualdade e pola perspectiva de xénero, senón que tamén aproveitamos para poñer en valor un dos pazos máis fermosos da provincia e, desde logo, a relevancia da Misión Biolóxica, que dirixe outra muller: Elena Cartea".

A presidenta provincial tamén quixo salientar algúns dos aspectos históricos máis relevantes do pazo de Gandarón que, sendo propiedade da Deputación de Pontevedra, foi cedido á Misión Biolóxica de Galicia, instalada neste enclave desde o ano 1928. Silva recordou que esta edificación foi construída a finais do século XVIII polo Arcebispo Malvar Pinto e que o seu recinto foi rehabilitado entre os anos 2005 e 2009. En canto ao seu xardín, ideado por Jerónimo Malvar Taboada, destacan as coníferas, as palmeiras e as camelias. "De feito, "as flores das Rías Baixas" máis antigas do pazo remóntase ao último terzo do século XIX", recordou a presidenta.

Así, os xardíns do pazo acollerán o acto de entrega dos galardóns Sofía Novoa, que este ano recaen en seis mulleres: Paula González, Laura Cao e Alba Vicente na modalidade de fin de grao; e María Dolores Fernandes, Andrea López e Belén Caeiro na modalidade de fin de máster.

Audios

  • Audio