Noticias

A técnica de construcción dos nosos muiños do Folón e Picón declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco

O pasado mércores 28 de novembro, a UNESCO incluíu na súa lista representativa do patrimonio cultural inmaterial a técnica construtiva " pedra seca".


03 decembro 2018
O Rosal
Muiños do Folón

Esta técnica construtiva é singular de Galicia, e como un dos elementos máis representativos desta técnica son os muíños do Folón e Picón. Este recoñecemento supón que os países que contan con este tipo de elementos comprométense a protexer este patrimonio, e implicar ás corporacións locais na responsabilidade de adoptar medidas de protección.

A pedra seca é unha técnica de construción tradicional na nosa terra que prescinde de calquera argamasa ou morteiro. Conforma un dos exemplos de coñecementos e usos máis relevantes das formas de vida tradicional. Esta técnica fíxase e transmítese a través do milenario oficio dos canteiros e ten un alto grao de especialización.

A partir de agora os nosos muíños do Folón e Picón, un dos nosos maiores atractivos turísticos, levarán o símbolo da UNESCO.

Desde o concello desexamos que un ben tan prezado e recoñecido como este, faga que todas as persoas do Rosal esteamos orgullosas e serva para que entre todos e todas protexamos e coidemos o noso patrimonio.

Máis información no siguiente enlace:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/35827/roman-rodriguez-celebra-nos-pendellos-agolada-declaracion-pedra-seca-como-patrimonio