Noticias

Día das persoas usuarias das bibliotecas


11 xaneiro 2019
O Rosal
Mellores lectores do 2018 no Rosal

A biblioteca do Rosal adica no día de hoxe, 11 de xaneiro  "Día do usuario das bibliotecas",  un recoñecemento  moi especial aos mellores lectores do pasado ano.

A biblioteca Municiapal do Rosal premia coa entrega dun diploma ás persoas máis lectoras do ano 2018 que acudiron a este servizo durante o ano pasado.

Na categoría adultos, CARLOS TORREIRO SANTOS

Na categoría xuvenil,  SERGIO MACHADO FREITAS

E na categoría infantil a mellor lectora foi AINHOA GÓMEZ LOMBA, da que destacamos que no ano 2018 retirou 138 libros da nosa biblioteca.

A Concellería de Cultura do concello do Rosal inclúe entre outras moitas actividades esta celebración como un instrumento para fomentar a lectura entre a nosa veciñanza, e en particular entre os/as usuarias da biblioteca.