Noticias

Educación vial no CPI Suárez Marquier


13 maio 2019
O Rosal
Educación vial O Rosal

Hoxe e mañá martes 14 de maio, levaranse a cabo unas xornadas de educación vial co alumnado de educación primaria. Máis de 180 alumnos e alumnas de entre 6 e 12 anos de idade recibirán formación teórica e práctica acorde á súa idade, impartida por persoal da Dirección General de Tráfico.

No día de hoxe os cursos de 5º e 6º de primaria pilotaron coches eléctricos no circuito habilitado para a ocasión e recibiron formación teórica. Acompañando ao persoal da DGT, desplazouse unha patrulla de tráfico ata o recinto escolar e mostraron o vehículo e os nenos e nenas, que encenderon as luces e falaron por megafonía xogando a ser policías por un día.

Mañá os máis pequenos de entre 6 e 10 anos de idade levarán as súas bicicletas e cascos, e farán o percorrido no circuito habilitado no campo de fútbol do centro.

A actividade foi organizada polo Concello do Rosal en colaboración coa DGT e o centro educativo.