Noticias

O viveiro de empresas de Barro ofrece este mes de xullo dúas accións formativas do programa da Deputación de Pontevedra "SmartPeme"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia


09 xullo 2019
SmartPeme Barro

O viveiro de empresas de Barro acolle neste mes de xullo dúas novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

A primeira cita ten lugar este martes, 9 de xullo ás 17:00 horas (os obradoiros deste mes se impartirán a esta hora), coa acción "Robótica III", continuación de dous cursos anteriores. E o xoves 11 levarase a cabo o obradoiro "Robótica IV". A oficina "SmartPeme" de Barro atópase no viveiro de empresas do Polígono e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es e na web www.smartpeme.depo.gal.