Noticias

O viveiro de empresas de Barro ofrece no mes de febreiro catro accións formativas do programa da Deputación de Pontevedra "SmartPeme"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia


03 febreiro 2019
SmartPeme Barro

O viveiro de empresas de Barro acolle neste mes de febreiro catro novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos.

A primeira cita terá lugar o martes, 5 de febreiro ás 18:00 horas, coa acción "Programación con Arduino IV". A segunda acción, "Bases da robótica – Robótica I" impartirase o xoves, 7 de febreiro, ás 17:00h. Pola súa banda, "Iniciación á impresión 3D" impartirase o xoves 14 de febreiro ás 18:00 horas. E, por último, o xoves 21 de febreiro, ás 17.00h, terá lugar o curso "Programación dunha mano mecatrónica – Robótica II".

A oficina "SmartPeme" de Barro atópase no viveiro de empresas do Polígono e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.