Noticias

O viveiro de empresas de Barro ofrece no mes de xaneiro catro accións formativas do programa da Deputación de Pontevedra "SmartPeme"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia


09 xaneiro 2019
SmartPeme Barro

O viveiro de empresas de Barro acolle neste mes de xaneiro catro novas accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

A primeira cita terá lugar este xoves, 10 de xaneiro, ás 18 horas, coa acción "Programación con Arduino I". A segunda acción, "Programación con Arduino II" impartirase o xoves, 17 de xaneiro, ás 18 horas. E xa por último, "Impresión 3D orientada á xoiaría" impartirase o luns 28 de xaneiro, ás 10 horas. Por último, o xoves 31 de xaneiro, ás 18 horas, terá lugar o curso "Programación con Arduino III" A oficina "SmartPeme" de Barro atópase no viveiro de empresas do Polígono e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no enderezo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.

"SmartPeme" desenvolve este ano novas carteiras de servizos co obxectivo de continuar axudando ás empresas da provincia a ser máis competitivas na contorna económica actual. O programa abre tres novas grandes liñas: o "Centro Provincial de Economía Dixital" (CPED), no viveiro de empresas de Barro, "SmartPeme Impulsa" e "TurisTIC".