Os murais de “Mulleres Extramuros” en pleno proceso de creación

06/07/2022

O programa pioneiro “Mulleres Extramuros” que vén de lanzar este ano por vez primeira a Deputación para encher de arte mural o rural da provincia e que de xeito piloto se está a realizar en Cortegada (Silleda) comezou xa a “visualizarse”.

Tras unha primeira etapa de investigación e convivencia coas mulleres da aldea, para intercambiar experiencias e historias inspiradoras, as artistas que participan na iniciativa están comezando a desenvolver os seus proxectos específicos de intervención artística, xurdidos tralas historias e vivencias experimentadas en Cortegada. Así Xoana Almar, de Cestola na Cachola, ten xa comezado a traballar e Lula Goce está en pleno proceso, desenvolvendo o seu mural na fachada lateral dunha vivenda.

Pola súa banda Tamara Alves, Basilisa Fiestras, Virginia Bersabé, Laura Iturralde e Ness Morais iniciarán estes días as súas pezas na aldea de Cortegada.

O sábado 16 de xullo terá lugar a xornada de peche do programa “Mulleres Extramuros”, na que participarán a presidenta provincial Carmela Silva, as artistas e toda a veciñanza de Cortegada que se implicou e participou no proxecto e onde poderanse ver xa todas as intervencións artísticas rematadas.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.