Noticias

10.000 euros para o control de plagas en 2021

A retirada os niños de velutina concentrará a maior parte desta partida


18 novembro 2020
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas destina unha partida de 10.000 euros ó control de plagas no orzamento de 2021. A alta incidencia de niños de velutina no termo municipal e a desatención por parte da Xunta de Galicia fan que o Concello reserve unha partida concreta para a erradicación dos niños. As vespas asiática son moi perigosas "e non quero poñer en risco ós veciños de Ponte Caldelas", indica o alcalde, Andrés Díaz.

Este mesmo ano, o Concello de Ponte Caldelas comezou a asumir a retirada de niños a través dunha empresa especializada ante a falta de resposta do 012 na eliminación dos mesmos. Eran moitas as queixas veciñais que se recibían no Concello pola tardanza ou  e por iso se tomou a iniciativa da retirada. Todas as persoas que localicen un niños poden solicitar a súa retirada chamando ó Concello no teléfono 986750013 (ext.2 Leticia).