Noticias

16 persoas participan no curso gratuito de preparación dos exames de graduado en ESO

A formación iniciouse hoxe e rematará o 22 de maio


13 xaneiro 2020
Ponte Caldelas
Curso ESO

O Concello de Ponte Caldelas iniciou hoxe as clases do curso gratuito para a preparación do exame de Graduado en ESO, un título básico que abre as portas a moitos empregos, necesario para acceder a cursos do Inem cos que se poden obter certificados de profesionalidade e que é imprescindible para presentarse a calquera oposición.

O curso que hoxe se iniciou e no que participan 16 persoas está financiado polo Concello de Ponte Caldelas e extenderase ata o venres 22 de maio. As clases impartiranse os luns, mércores e venres de 10.00 horas a 13.00 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas.

Con esta iniciativa, o Concello de Ponte Caldelas pretende seguir coa loita contra o abandono escolar e facilitar ás veciñas e veciños de Ponte Caldelas a base para que non pechen as portas a outras actividades formativas, primordial nos tempos que corren.