Noticias

A boa situación económica e a xestión seria e responsable permitiron a Ponte Caldelas actuar en preventivo ante a crise do Covid-19

A liquidación económica de 2019 deixa no Concello de Ponte Caldleas un remanente de tesourería de 414.734,23 € e un superávit de 259.921,41 €


01 maio 2020
Ponte Caldelas
Liquidación de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas presentou ante o Ministerio de Hacienda a liquidación económica do ano 2019, na que se detalla que a administración local rematou o ano con 414.734,23 euros de remanente de tesourería e 259.921,41 euros de superávit. Na documentación presentada tamén se detalla que o Concello cumpre regra de gasto e estabilidade orzamentaria.

"Esta boa situación ecómica, unida a unha xestión responsable, seria e prudente, fixeron posible que o Concello de Ponte Caldelas puidese tomar moitas medidas en preventivo dende o momento no que se iniciou a crise do Coronavirus", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. Así, a economía saneada permitiu a Ponte Caldelas ser o primeiro concello de Galicia que convocou e fixo xa efectivo o pago das axudas directas a autónomos e pequenas empresas de Ponte Caldelas que tiveron que pechar os seus negocios ou que viron reducidos os seus ingresos tras o decreto do Estado de Alarma.

Tamén permitiu que o Concello de Ponte Caldelas puidese "iniciar unha desinfección diaria do casco urbán e extendela a todos os accesos, camiños e estradas dos 33 lugares do rural", explica Díaz. Puidose, ademais, dotar de dúas mascarillas lavables a toda a poboación de Ponte Caldelas, "algo imprescindible para a súa protección persoal e beneficioso para todos os veciños do municipio", recorda o alcalde.

Nesta mesma liña, a boa economía municipal dou pé a que se puidesen idear, deseñar e fabricar unhas ‘fontes desinfectantes' pioneiras e innovadoras, que buscar protexer a todos os veciños de Ponte Caldelas e a todas as persoas que se achegan a mercar a Ponte Caldelas, área comercial dos municipio limítrofes: A Lama, Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e mesmo Pontevedra. Destas novidosas fontes, xa se instalaron sete unidades no casco urbán e estase a traballar na producción de máis unidades.

Tamén permitiu que puideramos ampliar o reparto de alimentos e incluir ás familias que están a pasar unha dificultade puntual neste complicado momento ou que se puxese en marcha a campaña DegustaNaCasa, a través da cal se repartirán 20.000 táperes entres os locais de hostalería do municipio para que poidan extender o seu negocio con comida para recoller ou para levar a domicilio sen ter que asumir un custo a maiores.

"Todas estas medidas poden levarse a cabo porque o Concello de Ponte Caldelas é unha administración ben xestionada, saneada e cunhas contas claras que permiten traballar en beneficio de todos os veciños de Ponte Caldelas", recalca Díaz.