Noticias

A Conta Xeral de 2020 está exposta ó público ata finais de setembro

Todas as persoas que queiran poidan consultar as facturas pagadas e ingresadas polo Concello de Ponte Caldelas


14 setembro 2021
Ponte Caldelas
Conta xeral Ponte Caldelas

A Conta Xeral de 2020 do Concello de Ponte Caldelas está exposta ó público no Salón de Plenos ata finais do mes de setembro. Con total transparencia, todas as persoas que o desexen poderán consultar os ingresos e gastos correspondentes ó ano 2020 efectuados polo Concello de Ponte Caldelas.

A Conta Xeral é un documento que contabiliza todo o patrimonio, as inversións e todos os ingresos e gastos que houbo no Concello durante un ano. Está exposta ó público en arquivadores clasificados por meses e que conteñen a documentación económica do Concello. O feito de expoñela ó público reflexa a "seriedade, responsabilidade e transparencia coa que se xestiona este Concello", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que lembra que "cando cheguei á Alcaldía aos veciños non se lle rendían contas, agora saben en que se gastan os seus impostos".