Noticias

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ponte Caldelas emitiu 32 carnés xoves durante o ano 2019

Esta tarxeta ofrece múltiples vantaxes á mocidade, como descontos en tendas ou en medios de transporte público


18 febreiro 2020
Ponte Caldelas

A Oficinal Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponte Caldelas emitiu no ano 2019 un total de 32 carné xoves, unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade coa que se obteñen descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove.

A maioría das persoas que o emitiron son estudantes que semanalmente se desprazan entre Ponte Caldelas e Santiago de Compostela ou Vigo e empregan o transporte público nos seus desprazamentos, sobre todo o tren, onde obteñen importantes descontos na viaxe.

O Carné Xove pode tramitarse na Omix de Ponte Caldelas, sita na Casa da Cultura, e pode acceder á tarxeta a mocidade de entre 12 e 30 anos. Para solicitalo hai que cubrir o impreso de solicitude, acreditar a identidade co DNI e pagar unha taxa de 6 euros. A vixencia do Carné Xove é de dous anos dende a data de expedición.