Noticias

A Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do expediente de expropiación pactada para o aparcamento central

O proxecto sitúase nun espazo de 1.000 metros cadrados.


29 xuño 2020
Ponte Caldelas
Xunta de Goberno Local de Ponte Caldelas

A Xunta de Goberno Local celebrada o venres en Ponte Caldelas aprobou o inicio do expediente de expropiación pactada para dar inicio ao  proxecto  de  creación  dunha  ampla  zona  verde  na  parte  traseira  da  Ludoteca Municipal, que contempla a posta en marcha dun céntrico aparcamento. "Nestes cinco anos  que  levo  como  alcalde,  pouco  a  pouco  fomos  avanzando no  ‘Modelo  Ponte Caldelas',  co  que  gañamos  espazos  para  as  persoas  e  tamén  máis  aparcamentos céntricos e gratuítos.  

O proxecto conta cun espazo de 1.000 metros cadrados que contará cunha pavimentación combinada segundo as zonas, contemplando o xabre compactado e o formigón  en cor  marrón. O espazo estará dotado  de todos  os servizos: recollida de pluviais, abastemento de auga, iluminación, mobiliario urbano (bancos e papeleiras) así como unha zona verde con árbores e un espazo de xogo infantil na área máis próxima á Ludoteca Municipal e á Escola Infantil A Galiña Azul. O custo do proxecto é de 77.047,80 euros

Este é un importante proxecto para Ponte Caldelas que sigue avanzando na mellora dos espazos públicos. Cabe ter en conta que Ponte Caldelas é o centro comercial de toda a comarca: un lugar seguro para mercar, con aparcamento céntrico e gratuito e tamén con espazos para as persoas que veñen facer as súas compras e xestións a Ponte Caldelas.