Noticias

Adeac concede de novo a Ponte Caldelas as distincións de Bandeira Azul e Sendeiro Azul

A Bandeira conseguiuse por primeira vez en 2015 e o Sendeiro en 2016


09 xuño 2020
Ponte Caldelas
Bandeira azul

O Concello de Ponte Caldelas renova galardóns en torno ao río Verdugo. Adeac-Fee concedeu de novo neste 2020 a Bandeira Azul á Praia Fluvial da Calzada, único arenal de río de toda España que ten esta categoría. Por outra parte, a senda que percorre o río Verdugo tamén repite este ano coa distinción de Sendeiro Azul.

Para Ponte Caldelas é un orgullo manter os dous galardóns ano tras ano, o que corrobora a calidade das augas e o trato exquisito a nivel medio ambiental. O distintivo de Bandeira Azul promove e recoñece os esforzos por cumprir cos criterios esixidos de legalidade, accesibilidade, sanidade, educación ambiental, limpeza e seguridade e corroborando que a calidade da auga é excelente, que é unha praia segura, dotada de servizos, accesible e que conta cunha acertada xestión ambiental e sostible. Pola súa parte, os Sendeiros Azuis poñen en valor espazos naturais e de interés cultural e patrimonial próximos a praias con Bandeira Azul.