Noticias

‘Alén', un libro de Pablo Diego Dios ambientado na Fraga de Abaixo, Ponte Caldelas

O autor falou co alcalde de Ponte Caldelas sobre a publicación e as lendas que deron forma a esta novela


20 xaneiro 2021
Ponte Caldelas
Autor de libro Alén co alcalde de Pontecaldelas

‘Alén' é primeira novela de Pablo Diego Dios, un veciño da Fraga de Abaixo, Ponte Caldelas, que escolleu a súa aldea natal para ambientar este libro que busca aunar as tradicións do rural galego e evitar a perda das lendas que xeracións tras xeración se foron transmitindo oralmente de pais a fillos e entre veciños.

Pablo Diego charlou co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, sobre esta primeira novela antropolóxica e como se foi forxando coa base das súas vivencias, dos relatos e lendas recollidos entre as persoas maiores da aldea e doutros lugares da Serra do Cando e o Candán.

O alcalde e o autor acordaron que, en canto a situación o permita, se realizará unha presentación da novela no Centro Cultural de Ponte Caldelas. Polo momento, todas as persoas que desexen ler a novela poderán adquirila en librerías e, en Ponte Caldelas, concretamente na Librería El Colegio.

Pablo Diego Dios está graduado en Socioloxía, graduado en Relacións Internacionais e mencionado en Experto en Desenvolvemento polas universidades de Sâo Paulo, Jagellónica de Cracovia e Complutense de Madrid. ‘Alén' é a súa primeira novela e foi publicada cunha subvención do 'Arquivo Documental e Bibliográfico para a Preservación da Cultura' da Deputación de Pontevedra.