Noticias

Aprobada en Pleno unha nova eliminación de taxas municipais para documentos públicos

A modificación da ordenanza saíu adiante só cos votos a favor do Goberno Municipal


31 xullo 2020
Ponte Caldelas
Pleno en Ponte Caldelas
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Ponte Caldelas aprobou onte, só cos votos a favor do Goberno Municipal, a modificación da ordenanza de tarifas para eliminar o pago de 7 taxas municipais (Certificados relativos ao Padrón Municipal vixente; Certificados relativos aos Padróns Municipais anteriores; Resto de certificados e informes (convivencia, etc…); Compulsas, cotexo e bastanteo de documentos (por cada unha); Copias de documentos urbanísticos; Calquera outro expediente ou documento non expresamente tarifado; Fotocopias).
Tamén se aprobou definitivamente a RPT e a subida e soldo ós traballadores municipais (8 a favor - PSOE; 5 abstencións - PP - BNG); os festivos locais para o ano 2021 que se estableron os xa tradicionais: 17 de febreiro, mércores de Ceniza; e 1 de setembro, mércores da Festa dos Dores), con 10 votos a favor (PSOE e BNG) e 3 abstencións (PP); e se procedeu á actualización do inventarios municipal, cos votos a favor do PSOE (8) e a
abstención de PP e BNG.