Noticias

A atleta de Ponte Caldelas Carla Santoro participou no Campionato de Atletismo de Promesas Paralímpicas


28 outubro 2020
Ponte Caldelas
A atleta Carla Santoro correndo en pista

A pasada fin de semana, a atleta de Ponte Caldelas Carla Santoro participou no Campionato de Atletismo de Promesas Paralímpicas que tivo lugar en Valencia.

Carla acadou a súa mellor marca persoal e récord na súa categoría en lonxitude, con 3,64 metros, e mellor marca persoal en 1.000 metros lisos, con 4,13.

Santoro non puido subir ó podio dado que, a causa da Covid-19, houbo pouca participación no campionato.