Noticias

Avalon The Legendary, gran triunfador da Exhibición Canina de Ponte Caldelas

O Bulldog Inglés foi hoxe o mellor valorado na Exposición Internacional, recoñecemento que sumou ao de Mellor Bulldog do ano e ao Best In Show da Exposición Nacional de onte


08 decembro 2019
Ponte Caldelas
Exposicion Canina Internacional

O Bulldog Inglés ‘Bulls Camelot Avalon The Legendary' fíxoxe hoxe co título de Best In Show da III Exposición Internacional Canina de Ponte Caldelas, un recoñecemento que sumou aos dous que colleitou onte, pois tamén levou o galardón de Best In Show na Exposición Nacional e o premio ao Bulldog do Ano 2019.

Nesta última modalidade acadou 150 puntos, unha puntuación xamais alcanzada anteriormente, e que demostra a calidade morfolóxica do can, o seu porte e a actitude durante a exhibición. Avalon The Legendary naceu o 28 de marzo de 2017 e a súa propietaria é a asturiana Marta Blanco Tuya. Este can xa ten colleitado premios internacionais en Francia e Portugal, aínda que nunca cunha puntuación tan alta como a que obtivo en Ponte Caldelas.

No acto de hoxe, o Club Kennel entregou ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, unha medalla como recoñecemento á labor de impulso e visibilización das actividades caninas e en agradecemento pola organización da exhibición nacional e internacional canina que leva xa tres anos celebrándose no pavillón polideportivo de Ponte Caldelas.