Noticias

Centos de persoas asisten en Ponte Caldelas a actuación do adestrador de cabalos Santi Serra

Con pase de dona natural do gañador da edición 2012 do concurso televisivo 'Tú sí que vales' concluíu a XVII edición da Concentración Cabalar de Ponte Caldelas.


29 abril 2018
Ponte Caldelas

Centos de persoas colapsaron os accesos ás instalacións da Hípica Amazonas, en Ponte Caldelas, para presenciar a actuación do adestrador de cabalos Santi Serra Camps. O espectáculo desenvolveuse na pista cuberta por mor da choiva que caeu durante boa parte da xornada.

Serra Camps ofreceu o seu espectáculo completo, no que participan nove cabalos de Pura Raza Árabe e dous cans, que fixo as delicias de todos os afeccionados.

Con este pase de dona natural por parte do gañador da edición 2012 do concurso televisivo 'Tú sí que vales' concluíu a XVII edición da Concentración Cabalar de Ponte Caldelas.

A xornada concluíu coa entrega de diplomas ás persoas que colaboraron na loita contra os efectos dos incendios do pasado 15 de outubre por parte dos responsables da Hípica e do alcalde, Andrés Díaz. Entre os premiados figuran os responsables da firma de Carballo (A Coruña) Fincas San Miguel, que foron os primeiros en presentarse na Hípica con medicamentos para tratar aos tres cabalos que resultaron feridos polo lume.