Noticias

Coempo repartirá más de 5.000 euros en premios este Nadal

Repartiranse 20.000 rifas entre a clientela dos establecementos asociados


02 decembro 2019
Ponte Caldelas
Coempo Nadal

Mercar en Ponte Caldelas ten premio. Os comerciantes da vila que forman parte de Coempo repartirán este Nadal 20.000 rifas entre os seus clientes e sortearán o mércores 8 de xaneiro todos os premios aos que os compradores poden optar. O primeiro premio será un televisor de 55 pulgadas, o segundo unha aspiradora Roomba e unha tablet e o terceiro un sofá de relax. Tamén se repatirán 10 cafeteiras espresso e 10 lotes de produtos ibéricos. En total serán máis de 5.000 euros en premios.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, apoiou hoxe esta iniciativa na presentación da campaña e recordou a importancia de dinamizar o comercio local para atraer máis clientela, así como felicitou a Coempo polo seu empeño en impulsar o pequeno comercio do municipio e apostar por campañas que potencian as compras na localidade. Díaz recorda que Coempo recibe unha subvención de 12.000 euros anuais do Concello de Ponte Caldelas, "unha axuda que seguiremos aportando porque a aposta deste Concello polo comercio local é total e está garantizada".