Noticias

Comezan as obras da mellora da Avenida de Galicia

A obra é financiada nun 80% por Fondos Europeos e nun 20% polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra


22 febreiro 2021
Ponte Caldelas
Obras en la Avenda Galicia

O Concello de Ponte Caldelas iniciou hoxe os traballos de mellora da Avenida de Galicia. Trátase dunha obra que reformará completamente o entorno do edificio consistorial a custe cero para o Concello. A obra faise con cargo a Fondos Europeos, nun 80%, e ó Plan Concellos da Deputación de Pontevedra (un 20%). Dende hoxe non está permitido estacionar na rúa e a partir de mañá establécese o sentido único de dirección.

A intervención na Avenida de Galicia creará unha vía de sentido único con calmado de tráfico, incorporará unha 'zona noble' empedrada diante do edificio consistorial e a igrexa, contempla a instalación de mobiliario urbano, suporá a colocación de beirarrúas de pedra e creará tamén zonas verdes e espazo de estacionamento en batería, co que se ampliarán o número de prazas de aparcamento.

Con esta obra, o Concello de Ponte Caldelas continúa a traballar na mellora dos espazos públicos do municipio "para o uso de desfrute de todos os veciños de Ponte Caldelas", explica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. Así, Ponte Caldelas continúa transformándose e avanzando cunha adaptación ó século XXI, tal e como merece un municipio vivo, activo e dinámico como é o concello do Verdugo.

A obra da mellora da Avenida de Galicia saiu a licitación por Importe 409.211,33 euros (iva incluído), foi adxudicada a Obras, Reformas y Saneamiento SL por 286.979,91 euros (iva incluído) e o prazo de execución é de catro meses