Noticias

Corte de tráfico en Taboadelo con motivo da celebración das súas Festas

O corte será o venres 6 de setembro en horario de 16:00 ata ás 6:00 da mañá, dito corte irá dende Samaque ata o cemiterio de Taboadelo. A vía alternativa será polo campo de fútbol da Cruz do Brasil


05 setembro 2019
Ponte Caldelas
Taboledo

O Concello de Ponte Caldelas informa de que esta fin de semana, con motivo da celebración das Festas en honra a Virxe do Consuelo, a parroquia de Taboadelo contará o venres 6 de setembro cun corte na Estrada Provincial que comunica A Reigosa con Soutomaior. O corte será, o dito, o venres 6 de setembro en horario de 16:00 ata as 6:00 da madrugada do sábado dende o quilómetro 3900 ao quilómetro 5200, ou o que é o mesmo, dende Zamaque ata o cemiterio desta parroquia. O corte de tráfico débese a que as orquestras que actúan o venres, Paladium e Ritmo Jóven, montarán o seu escenario na propia estrada, ao non caber dita infraestrutura no campo da festa. O paso alternativo por esta parroquia durante o horario do corte de tráfico será polo campo de fútbol da Cruz do Brasil.

Na xornada do sábado tamén estará en Festas Taboadelo pero non contará con ningún corte de tráfico xa que as orquestras do día 7 de setembro (Formas e o Dúo Marea) montarán o seu escenario no campo da festa e deste xeito non influirá na circulación de vehículos pola estrada provincial.

Xa o domingo, 8 de setembro, con motivo da misa en honra á Virxe do Consuelo, que terá lugar na Igrexa de Taboadelo ás 13:15, sí que  haberá un novo corte de tráfico que será de 13:30 a 14:30 pero soamente afectará á contorna da Igrexa. Dito corte débese á procesión que se realizará ao remate da misa.

Dende o Concello de Ponte Caldelas e dende a Comisión das Festas do Consuelo de Taboadelo, piden desculpas a todos aqueles que se poidan ver afectados por dito corte de tráfico e agradecen de antemán a colaboración veciñal durante esta fin de semana.