Noticias

Emprendemento feminino no rural de Ponte Caldelas

O concello oferta 9 charlas abertas a toda a veciñanza que se desenvolverán todos os martes dende o vindeiro 17 de setembro ata o 15 de outubro


12 setembro 2019
Ponte Caldelas
Concello Ponte Caldelas

O proxecto consiste en 9 charlas sobre o emprendemento rural e a motivación para levar acabo proxectos de iniciativas locais innovadoras e 2 obradoiros de redes sociais aplicadas busca de emprego e a empregabilidade no rural. As charlas terán lugar os martes dende o vindeiro, o 27 de setembro, ata o 15 de outubro e pasarán polas 9 parroquias que compoñen o concello de Ponte Caldelas co fin así, según Díaz, "de chegar a toda a veciñanza en igualdade de oportunidades".

As 9 charlas, chegarán ás nove parroquias, e serán impartidas de forma gratuíta e dirixidas a todas aquelas persoas interesadas (mulleres e homes) na temática, sendo realizadas en todas as parroquias de Ponte Caldelas, en horario de mañá e tarde. Polo que as persoas poden acudir ao lugar que lle resulte máis convínte. Para os obradoiros de redes sociais haberá que inscribirse previamente. Estes dous obradoiros serán impartidos no Centro Cultural de Ponte Caldelas.

As charlas e obradoiros serán impartidos por FADEMUR (Federación de Asociacións deMulleres Rurais de Galicia), que teñen anos de experiencia en formación e orientación arao emprego e autoemprego no rural. As charlas teñen unha duración de 2 horas cun compoñente práctico, é dicir, que os contidos se poidan aplicar á nosa realidade rural.

O alcalde de Ponte Caldeas ten claro que "o seu concello ten moito potencial para levar a cabo proxectos innovadores, iniciativas locais que as veces non saen adiante por falta de información, apoio ou acompañamento, con estes obradoiros agardamos que sexan moitas as iniciativas que saian adiante".

FADEMUR leva facendo este traballo en outros pobos de Galicia, polo que vos invitamos aaproveitar esta oportunidade e acudir ás charlas, que serán participativas e de seguro que delas nacerá algún proxecto. A idea de acercar a estas profesionais de longa experiencia ás parroquias do rural evita desprazamentos, fomenta a igualdade de participación entre aveciñanza e pomos en valor ás Casas do Pobo de cada parroquia.

Este proxecto é financiado por Ministerio de Presidencia, polo Fondo Social Europeo, pola FEMP e polo Concello de Ponte Caldelas. Neste senso, Andrés Díaz agradece a colaboración das Casas do Pobo, das Asociacións de Mulleres Rurais, das Asociacións de Veciños e dos colectivos formais e informais do noso municipio.

Xa para rematar, o horario destas charlas será o seguinte, o 17 de setembro en Xuntáns de 16:00 a 18:00 e en Taboadelo de 18:30 a 20:30. O martes 24 de setembro na Insua de 11:00 a 13:00 e en Barbudo de 16:00 a 18:00. O martes 1 de outubro en Forzáns de 11:00 a 13:00  e Anceu de 16:00 a 18:00. O martes 8 de outubro en Tourón de 11:00 a 13:00 e en Caritel de 16:00 a 18:00. E o martes 15 de outubro no Centro Cultural de Ponte Caldelas de 11:00 a 13:00.