Noticias

Entrega do calendario competencial da Deputación á familia da profesora Margarita Sánchez Reboredo

A profesora de Lingua e Literatura do IES Ponte Caldelas, falecida en 2014, protagoniza o mes de maio deste almanaque que se repartirá nos colexios de Infantil e Primaria da provincia


14 xaneiro 2020
Ponte Caldelas
Calendario

Margarita Sánchez Reboredo, a profesora de Lingua e Literatura do IES Ponte Caldelas falecida en 2014, é a protagonista do mes de maio do Calendario Competencial elaborado polo Colegio Rural Agrupado de Tui ‘Mestra Clara Torres' coa colaboración da Deputación de Pontevedra que se distribuirá por todos os centros educativos de Infantil e Primaria da provincia.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a concelleira Leticia Rocha, entregaron a Asunción Sánchez Reboredo, ‘Marita', varios exemplares do calendario no que o mes de maio se adica á súa irmá, a profesora Margarita Sánchez Reboredo. A familia amosouse moi emocionada polo feito de que se incluíse a Margarita neste almanaque, un recoñecemento que partíu do Concello de Ponte Caldelas e que foi apoiado pola familia.

Margarita Sánchez foi profesora de Lengua Castellana y Literatura no IES Ponte Caldelas e son varias xeracións de alumnos os que manteñen un grato recordo dela. Recórdana como unha persoa moi paciente, que nunca alzaba a voz e que tiña unha devoción innata por ensinar. Ela foi quen de inculcar o amor pola literatura e o mundo das letras ás súas alumnas e alumnos do IES Ponte Caldelas.