Noticias

Limpeza da carballeira de Mirón para a celebración da Festa de San Antonio

Os días 17 e 18 de xaneiro, Mirón honra ao seu patrón


12 xaneiro 2020
Ponte Caldelas
Limpeza Carballeira de Mirón

O Concello de Ponte Caldelas procedeu á limpeza da Carballeira de Mirón e todo o seu entorno para que os veciños poidan celebrar a vindeira fin de semana as Festas de San Antonio, o seu patrón, nas mellores condicións.

Deste xeito está previsto o desbroce de toda a Carballeira con tractor e a limpeza dos bordes con desbrozadora. Ademais, procedeuse ao soplado de todo o campo de fútbol e tamén do camiño que da acceso ao mesmo, e que hormigonou recentemente o Concello de Ponte Caldelas, dotanto así dun mellor acceso ao campo de fútbol, que tamén funciona como campo da festa no día da celebración do patrón.

As festas serán os días 17 e 18 de xaneiro. O venres 17 terán as tradicionais poxas de San Antonio e os sábado 18 será a misa solemne na honra de San Antonio e pola noite haberá verbena coas orquestras Trebol e La Ola Adn, con poxas ás doce da noite.