Noticias

Mercar en Ponte Caldelas ten premio!

Coempo repartiu os premios do programa de dinamización de comprasde Nadal


13 xaneiro 2021
Ponte Caldelas
Premios Coempo

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, participou onte na entrega de premios do sorteo de Nadal realizada por Coempo coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas. Repartíronse 20.000 rifas entre os clientes e onte entregáronse os agasallos: un televisor de 55 pulgadas, tres ordenadores portátiles; seis tablets; 10 lotes de ibéricos e 10 vales de compra de 100 euros para gastar nos comercios asociados.

Ponte Caldelas, centro comercial de toda a comarca, atrae ós seus comercios ós veciños dos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, apoiou a iniciativa e lembrou a importancia de dinamizar o comercio local para atraer máis clientela, ó tempo que felicitou a Coempo polo seu empeño en impulsar o pequeno comercio do municipio e apostar por campañas que potencian as compras na localidade.

Estas iniciativas son posibles grazas á estreita colaboración entre a Asociación de Comerciantes de Ponte Caldelas e o Concello, que anualmente lle concede a Coempo unha subvención de 12.000 euros.