Noticias

Nenas e nenos de Ponte Caldelas acenden o alumedado de Nadal

Árbores, bolas colgantes, petróglifos, unha caixa de regalos e ‘lagrimas' nas camelias e na ponte de madeira completan a iluminación de Nadal


29 novembro 2019
Ponte Caldelas
Alumeado Ponte Caldelas

A cativada de Ponte Caldelas foi a encargada de acender o alumeado de Nadal, o mellor da historia do concello, e que conta cunha árbore de dez metros a carón da Fonte Luminosa, unha caixa de regalo a carón da troita e a xa tradicional árbore a carón da fonte da Praza do Bispo.

No balcón do consistorio están os xa tradicionais petróglifos e as novidades deste ano son as ‘lagrimas' que decoran a ponte de madeira e as camelias da Praza do Bispo e as bolas colgantes na Alameda de Ponte Caldelas.

Nesta ocación, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, acompañouse da cativada de Ponte Caldelas para acender o alumeado de Nadal, e foron nenas e nenos do municipio os encargados de pulsar o botón que acendeu todas as luces que marca o inicio do Nadal no concello.