Noticias

Novo horario do punto limpo de Ponte Caldelas

Dende mañá, sábado 7 de setembro, o punto limpo de Ponte Caldelas, situado no polígono de A Reigosa, abrirá de luns a sábados en horario de mañá respondendo deste xeito ás demandas veciñais.


06 setembro 2019
Ponte Caldelas
Punto limpo Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas informa de que mañá sábado 7 de setembro comezará o novo horario do punto limpo do concello situado no polígono industrial de A Reigosa. Un novo horario que segundo dixo o alcalde, Andrés Díaz, "trata de dar resposta as veciñas e veciños do concello que solicitaron en varias ocasións a apertura deste espazo en horario de mañá" desta maneira, engadíu Díaz "satisfacemos as necesidades dos nosos veciños xa que abrimos todos os días, agás o domingo, en horario de mañá".

O novo horario será de luns a venres de 9:00 a 12:30 e os sábados de 9:30 a 12:00, deste xeito a demanda dos veciños de "abrir polas mañás" esta reflectida a diferenza do anterior horario que era de tardes os luns, martes e xoves e soamente abría os sábados pola mañá.

Dende o concello lembraron cales son os elementos admisibles e non admisibles neste punto, co fin de que a xente que se desprace ata A Reigosa saiba de antemán qué pode levar ata este espazo. Deste xeito son residuos admisibles: fluorescentes e luminarias de vapor de mercurio, disolventes, vernices e pinturas, pilas e baterias, aerosois, frigoríficos e electrodomésticos con CFC´s, televisiores, monitores e fornos microondas, aceites minerais e vexetais, usados, procedentes dos particulares, papel e cartón, vidro, envases de plástico, brics e latas, residuos metálicos, outros electrodomésticos (lavadoras, lavapratos.. ), residuos voluminosos (mobles, colchóns…), restos de podas e cortes e roupa e calzado, cristal ou louza.

Dende o concello tamén queren lembrar de que non son residuos admisibles: a materia orgánica (lixos e residuos agrícolas e gandeiros), residuos sanitarios, residuos procedentes de actividades industriais ou comerciais, residuos procedentes de actividades minerais extractivas, materiais perigosos, explosivos, inflamables, oxidantes ou radiactivos, animais mortos ou desperdicios de orixe animal, vehículos e as súas pezas, así como pneumáticos e aditivos ou fluídos de automoción, excepto aceites, recipientes voluminosos, metálicos ou de plásticos que contivesen produtos tóxicos, residuos procedentes de limpeza viaria, zonas recreativas e praias ou residuos sen identificar ou identificados de forma ambigua.

Dende o Goberno Local agardan a colaboración veciñal e que con este novo horario se vexan resoltas as necesidades solicitadas polos veciños para este punto limpo de Ponte Caldelas.