Noticias

O Concello de Ponte Caldelas dará axudas directas aos comercios, hostaleiros e autónomos

O alcalde, Andrés Díaz, destaca que é momento de arrimar o hombro e pide aos arrendadores que condonen ou reduzan o pago dos alquileres


23 marzo 2020
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas dará axudas directas de, como mínimo, 400 euros aos negocios de comercio e hostelería que están pechados durante o Estado de Alarma. Tamén haberá axudas de, como mínimo, 200 euros para os autónomos que vexan mermada a súa actividade.

Estas axudas serán a maiores das que poña en marcha a Comunidade Europea, o Goberno de España ou a Xunta de Galicia. O Concello de Ponte Caldelas está a elaborar unhas bases e estudará todos os casos que se presenten. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, entende que este é un momento circunstancial que suporá unha paréntesis  na vida das persoas, a nivel persoal e tamén laboral, por iso é importante axudar para que os negocios sobrevivan a este parón e manteñan os postos de traballo. 

Por iso, no afán de loitar xuntos contra esta situación pide que sexan tamén os propietarios dos baixos, os arrendadores, os que sexan solidarios e tomen partido nesta situación atípica e condonen ou reduzan os pago dos alquileres. "Deixar de cobrar un par de meses pode garantizarlle que despois se siga mantendo a actividade e poidan seguir cobrando moitos meses máis". Díaz destaca que é momento de arrimar o hombro porque "non podemos deixar tirados aos comerciantes, hosteleiros e autónomos".