Noticias

O Concello de Ponte Caldelas incrementa o seu horario de atención cidadá

A partir do 4 de novembro o novo horario de atención cidadá será de luns a venres de 8:30 a 14:30 e os xoves tamén se abrirá de tarde, en horario de 15:30 a 18:00


28 outubro 2019
Ponte Caldelas
Horario atención cidadá

 

A partir do 4 de novembro deste 2019 o concello contará con novo horario de atención ás veciñas e veciños, un novo horario que traerá consigo un incremento do servizo de atención os veciños de Ponte Caldelas. Na actualidade o horario de atención é de 9:00 a 14:00. O novo horario de atención ao público será de luns a venres de 8:30 a 14:30 e os xoves, abrirase polas tardes en horario de 15:30 a 18:00. 

O obxectivo segundo explicou o rexedor municipal "é darlle facilidades ás veciñas e veciños por se precisan pasarse polo concello, e que deste xeito, teñan a opción de vir de mañá ou de tarde, segundo mellor lles. A apertura pola tarde ten tamén o obxectivo de que os veciños non teñan que pedir horas no traballo para solucionar calquera trámite". Así, o concello, engade Díaz "amosa unha vez máis a súa apertura de portas, sendo o concello a casa de todas e de todos".

Un novo horario que foi acordado coas traballadoras e traballadores do concello que continúan cumprindo a súa xornada laboral establecida.

O fin deste novo horario de atención cidadá, que comezará o 4 de novembro, é o de "facilitar o día a día das nosas veciñas e veciños".