Noticias

O Concello de Ponte Caldelas instala alfombras desinfectantes na entrada ao Consistorio

O obxectivo é hixienizar o calzado de todas as persoas que acceden ao edificio


23 maio 2020
Ponte Caldelas
Alfombra desinfectante

O Concello de Ponte Caldelas segue a poñer en marcha medidas que minimicen o risco de contaxio entre os veciños. Por este motivo, vén de instalar alfombras desinfectantes nos accesos á Casa Consistorial para protexer a todas as persoas que acuden ao Concello a realizar os seus trámites así como aos propios traballadores municipais.

Instáronse dous felpudos desinfectantes que hixienizan a suela dos zapatos de todas as persoas que acceden ao edificio nas dúas portas de entrada que estarán activas a partir do luns 25 de maio, data na que o Concello volve a abrir as súas portas baixo o sistema de cita previa.

Esta é unha medida complementaria á colocación de mamparas en todas as mesas dos departamentos que teñen atención ao público, dos xeles hidoralcólicos que están á disposición de todas as persoas no momento de facer os trámites e tamén da fonte desinfectante instalada no exterior do edificio consistorial.