Noticias

Os Reis Magos chegan o sábado a Ponte Caldelas

Melchor, Gaspar e Baltasar pasearán en carroza pola vila e recibirán aos nenos na carpa da Praza de España, onde haberá chocolate con rosca


02 xaneiro 2020
Ponte Caldelas
Cabalgata

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán este sábado, 4 de xaneiro, a Ponte Caldelas para participar nunha cabalgata que percorrerá as rúas da vila a partir das 18.00 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar estarán acompañados no desfile dos grupos A Pandilla de Ponte Caldelas e Os Máis Mellores de Xustáns, ademais de sete vehículos clásicos do Club AVA.

Ao rematar a cabalgata, as SS MM recibirán a todos os nenos na carpa que o Concello de Ponte Caldelas instalou da Praza de España e terán un dulce agasallo para cada un deles. Ademais, todas as persoas que acudan ata Ponte Caldelas poderán disfrutar dun chocolate con rosca gratuito que se servirá na propia carpa. A cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Ponte Caldelas en colaboración con Coempo e con tres asociacións de mulleres rurais: Verdugo, Xustáns e Taboadelo.