Noticias

Ponte Caldelas pon a disposición de veciños e Comunidades de Montes os servizos xurídicos do Concello para obter información e asesoramento sobre os parques eólicos

Poderán obter información, respaldo legal e resolver dúbidas de maneira gratuíta para decidir libremente qué facer coas súas terras


03 maio 2021
Ponte Caldelas
Asesoramento xurídico

O Concello de Ponte Caldelas pon a disposición dos seus veciños e das Comunidades de Montes os servizos xurídicos do Concello para obter información e asesoramento sobre os parques eólicos. De maneira gratuíta, os particulares e os comuneiros poderán obter un respaldo legal, información eou resolver dúbidas para poder decidir libremente o que queren facer coas súas terras.

"É importante que poidan valorar o que máis lles convén sen estar sometidos a ningún tipo presións de empresas, sen medos e, o máis importante, con información verídica sobre os proxectos que se queren instalar na zona e que, na actualidade, aínda se atopan en fases iniciais", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.

Díaz lembra que este tipo de proxectos ou futuros proxectos son supramunicipais e que se tramitan directamente na Xunta ou a nivel estatal, sen pasar polo Concello. "Pola nosa parte, tendemos a man para axudar a que os nosos veciños defendan os seus intereses, por iso, dende hoxe mesmo, dende Alcaldía concertamos as citas co gabinete xurídico externo que traballo co Concello", explica Díaz, que lembra que porá todo o que está na man do Concello "para axudar a que os nosos veciños defendan os seus intereses".


Outras novas