Noticias

Ponte Caldelas aposta polo deporte

No orzamento de 2021 inclúese unha partida de 70.000 euros para apoio ó deporte local e organización de eventos deportivos


19 novembro 2020
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas destina nos orzamentos de 2021 unha partida de 70.000 euros para o apoio ó deporte local e a organización / celebración de eventos deportivos no municipio.

Na partida está incluído o apoio á SCD Ponte Caldelas, ó Atletismo; á Ximnasia Rítmica e ós equipos de fútbol de veteranos do municipio. Tamén están contempladas as clases de Ximnasia para Maiores ‘Ponte en Movemento', a BTTroita; a Subida a Ponte Caldelas, a concentración de motos, a concentración de vehículos antigos e o apoio a todas as iniciativas deportivas que xurden no municipio.