Noticias

Ponte Caldelas comezou o seu programa de excursións cunha saída de fin de semana a Asturias


01 abril 2019
Ponte Caldelas

O programa Caldelas Viaxa, co que o Concello de Ponte Caldelas ofrece seis excursións á súa veciñanza, comezou esta fin de semana cunha saída de toda a fin de semana a Asturias. Un total de 280 veciños e veciñas sumáronse a esta iniciativa municipal e tiveron así ocasión de gozar desta actividade organizada polo Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG).

Acompañados  do alcalde, Andrés Díaz, os asistentes visitaron Xixón, onde fixeron noite, pero tamén tiveron ocasión de coñecer Ribadesella, a praia de Gulpiyuri (Llanes), Cangas de Onís, o santuario de Covadonga e os lagos de Enol e A Ercina.

En Cangas de Onís houbo ocasión de adquirir produtos da terra, pois a visita coincidiu coa xornada feirada neste célebre pobo asturiano ao pé dos Picos de Europa.

As excursións de Ponte Caldelas paran agora, pois por mor da coincidencia co período electoral xa non haberá máis ata o que decida a próxima Corporación.