Noticias

Ponte Caldelas completa a súa flota de taxis cun vehículo adaptado a persoas con mobilidade reducida

O vehículo conta con seis plazas máis conductor e pode adaptarse para levar a unha persoa con mobilidade reducida e catro pasaxeiros máis


11 xaneiro 2020
Ponte Caldelas
Taxi adaptado

Ponte Caldelas conta cunha flota de taxis de nove vehículos que acaban de mellorar o servizo ao renovar o taxi número 8 cun coche adaptado a persoas con mobilidade reducida. Os taxistas de Ponte Caldelas xa ofrecían un moi bo servizo aos seus clientes, pero agora amplían a súa capacidade de traballo ao ofrecer tamén desplazamentos a persoas con mobilidade reducida que, en moitos casos, nas súas propias vivendas non dispoñen de vehículos destas características.

Armando Adán é o taxista que incorpora este vehículo adaptado á flota de taxis de Ponte Caldelas e que espera poder axudar nos seus desplazamentos a moitas persoas de todo o concello e dos municipios veciños.