Noticias

Ponte Caldelas contará con dous auxiliares de Policía Local do 15 de maio ó 15 de setembro

Haberá patrulla polas mañás, polas tardes e as noites das fins de semana


15 outubro 2020
Ponte Caldelas
Axentes da policía local

O Concello de Ponte Caldelas disporá de dous auxiliares de Policía Local durante os meses de verán. Así, do 15 de maio ó 15 de setembro a plantilla que na actualidade está composta por dous axentes verase reforzada con dous auxiliares, de maneira que haberá patrulla da Policía Local polas mañás, polas tardes e as noites da ¿n de semana.
"Ponte Caldelas é un pobo vivo, dinámico e cun crecemento poboacional constante e por iso quero que os meus veciños estén protexidos e se sintan seguros", explica Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas. Coa incorporación de dous auxiliares durante os catro meses de verán, Ponte Caldelas disporá de máis seguridade durante a época estival, momento no cal o concello se enche de actividades culturais dinamizadoras, hai máis turismo e tamén se incrementa a poboación na temporada vacacional.