Noticias

Ponte Caldelas domina o dominó galego


12 xuño 2019
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas domina o dominó galego

O alcalde, Andrés Díaz, recibiu hoxe ás parellas de xogadores  de dominó campións  e subcamións galegos, proclamados no recente Campionato Galego celebrado en Chantada o pasado 8 de xuño.

Todos eles pertencen ao club ACR Verdugo Ponte Caldelas, que consolida así o seu dominio sobre as 62 parellas que se presentaron á cita.

Na recepción, na que amosaron as carabelas de prata que acreditan o título, estivo a parella gañadora formada por Javier Nogueira e Carlos Ricón e tamén a subcampioa, formada por José Benito Lorenzo (Richard) e José López, se ben este último non puido asistir.

A próxima cita no calendario é o Campionato de España de Dominó, que  se celebrará en Vigo no mes de decembro.